jueves, 1 de septiembre de 2011

Please, don't stop the LIFE

"En que clase de xogo estamos?", te preguntarás ti, que chegaches ao extremo de non entender nada do que che ocorre. Pois esa é precisamente a palabra a que define este labirinto por veces incomprensible, a que define a vida. E eu penso: non é esta realidade, a que vivimos día a día, semellante a un taboleiro de xogo? Cunhas fichas, que somos nós, unhas casillas, que marcan cada experiencia que vivimos e, sobre todo, uns dados, fidedignos representantes do azar. Os que marcan os nosos pasos, sexan avances ou retrocesos.
A diferencia dun taboleiro dun xogo convencional, este non trae manual de instrucións. Tampouco existen unhas normas que digan como se hai que mover nel. Son as decisións das "fichas" e o movemento dos dados os que deciden cada casilla.
Como bo xogo, sempre hai uns gañadores e uns... perdedores non, que soa moi dramático. "Non-gañadores", mellor. E, con eles, diferentes formas de afrontar a victoria e a derrota, respectivamente. Sobre isto tampouco se escribiu nada, pero sempre se poden dar consellos ao respecto. A experiencia dime (e iso que eu xogo a nivel de principiante) que un gañador nato forxouse a base de moitas derrotas. Un bo gañador é bo porque soubo perder no seu momento. Se ti, que estás lendo isto, te sintes vencido pola circunstancia, pero tes coñecemento das causas polas que así te sintes e sabes o que tes que facer para superar ese bache, adiante. Obrar con razón é o mellor que se pode facer. Saber perder é imprescindible, coñecer a derrota, enfrontarse con ela cara a cara e sucumbir. Só así apreciarás o dulce sabor da victoria, disfrutarala ao 100 %.
Con isto quero dicir que pode que haxa malas casillas neste xogo, pode que pareza que saír delas é misión imposible. Pero tarde ou cedo, ben por actitude da ficha ou por vontade dos dados, chegamos ao que queremos. Ou polo menos a algo no que nos sentimos ben. Se a fin de contas o importante non é o final do xogo (que todos coñecemos), senón o camiño que nos leva ata el.