miércoles, 4 de abril de 2012

Made in Galiza

"...Así pasaron os anos e cóntase que naquel país aínda hai xente que segue tendo medo do ladrón de palabras. E hai quen di que ás veces o ladrón segue aparecendo nunha parada de bus ou nunha floristería ou nunha escola cunha bolsa e un coitelo e un sorriso cun dente de ouro." (O ladrón de palabras)


"Entrou na cafetería, prendeuse naqueles ollos, asombrouse e soubo que atopara algo...Fixo uf e comezou a..., mirouna outra vez e comezou a amala, a querela, pensou, e sentou á mesa máis achegada á cafeteira e sentiu..., uf, que comezaba a... [...]
Ao día seguinte entrou á mesma hora e ela seguía alí e sentiu que, uf, que a quería, en serio, pensou." (UF)


"Manhá nunca estaba aquí e agora. O día que Manhá morreu, a xente deixou de vivir no pasado" (A muller que vivía no futuro)


"El primer paso que debería dar la persona que pretenda empezar a hablar gallego es sacarse una fotografía tamaño carné para tener un recuerdo de cómo era antes de saber hablar gallego. [...]
Chegou a hora de comparar a antiga foto carné coa nosa imaxe actual nun espello e comprobar que todo segue no mesmo sitio. Os cambios son imperceptíbeis, e calquera transformación inesperada só pode ter como explicación o paso do tempo ou calquera outra incidencia allea á lingua galega." (Instrucciones para empezar a hablar gallego)


"...Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porque no autobús escoitei a unha señora dicíndolle a outra algo así como que O problema máis grande é que os nenos están perdendo a lingua. Dixo iso: Os nenos están perdendo a lingua. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben. E a outra señora dixo Ahá, con cara de preocupada." (Nin en soños vou perder a miña lingua)




"O home que se quería quitar a vida por amor saíu da casa cun adival e unha banqueta e comezou a camiñar buscando unha árbore onde deixar en paz dunha vez a morte." (O home aforcado)



"Era unha lingua tan extremadamente difícil que mesmo había xente que, dada a dificultade e a frustración, acababa emigrando para outros países onde aprender a lingua non fose un problema." (A lingua máis difícil)


"Lingua galega. Propiedades: É un composto de orixe secular, da familia lingüística galego-portuguesa, derivada do latín. Ao ser humano as linguas resólvenlle as funcións comunicativas elementais. A lingua galega, ademais desa función básica, desenvolve a función de identificar culturalmente a comunidade social denominada cientificamente como Galiza." (Lingua galega)


"...non se trata de saber por que, senón de recordar que un día descubrín que non podía seguir vivindo sen estar contigo.
Era coma se te vise en todas partes e ao mesmo tempo estabas tan lonxe... E iso que sempre estiveches aí, realmente, ao alcance da man, como esperándome. [...]
Nin sequera podo imaxinar como tería sido eu se non decidise que ti formarías parte da miña vida. Tampouco se trata de se tería sido mellor ou peor, senón de que sería sinxelamente diferente e é precisamente iso o que me resulta difícil imaxinar: vivir sen ti. [...]
Quería reflexionar un pouco sobre todo isto e recordar que decidir vivir contigo foi unha das mellores eleccións da miña vida.
Quería dicircho sinceramente: cambiaches a miña vida e déboche tantas cousas...
Quería dicirche Grazas.
E quería dicirche que estou contigo, miña lingua" (Estou contigo)