lunes, 31 de octubre de 2011

Na variedade está o gusto: reivindicación da pluralidade de linguas dende terras catalanas.

Ai, golosiños, a que vos gustan moito os xelados de sabores? É algo raro que abra esta entrada así, pero...o de chocolate, ai o de chocolate! E logo o de fresa? Ese si que sabe. Tamén me gusta moito o de nata, o de vainilla e, por que non? Os de varios sabores ao mesmo tempo! Ñam, ñam...
Tamén sei que vos gustan as series de televisión, dende os debuxos animados (son fanática dos Simpson) pasando polas series-comedia (como Big Bang Theory) e outras máis de adultos coma True Blood.
Agora...imaxinade un mundo cruel (máis aínda) no que só existise un único sabor de xelado, unha única serie de televisión...que horrible, non? E que aburrido! Que pouco efectivo para a humanidade! Ben, e alguén se parou a pensar que algo análogo pasaría se só houbese unha única lingua? Boh, pois vaia aburrimento, xa non existirían os tan curiosos trazos chineses ou a elegancia do francés, a melodiosidade do italiano...Nada, nada, nada, un mundo así sería demasiado insoportable, na variedade está o gusto! Na dos xelados, na das series e...na das linguas.
Que levante a man quen algunha vez quixo aprender algún outro idioma! Caaaaramba, vexo bastantes! Vaia! E se só houbera unha única lingua? Iso non sería factible, porque só se podería falar, escribir e ler esa lingua. Que mal, non? Seríamos todas as persoas do mundo exactamente iguais, porque a lingua é, a fin de contas, o veículo de expresión de cada un de nós, do que sentimos, do que pensamos e, por consecuencia, da nosa humanidade. Pois ben, ti! Ti, que queres aprender italiano, alemán ou chinés: a que agora defendes a morte que estas linguas sigan existindo? Pois defendamos tamén o que temos nas nosas mans. (...)

1 comentario:

  1. Gracias por pasarte por aquí :) Sí, el gallego es bastante diferente, pero si te pones a pensarlo verás que es bastante fácil de aprender, hay muchas palabras parecidas! Por supuestísimo, la diversidad de lenguas es lo más importante!

    ResponderEliminar