jueves, 23 de junio de 2011

Cogito ergo sum

Moitas son as persoas que coñecen a frase Penso, logo existo, coas súas correspondentes variantes (Je pense, donc je suis) e a versión orixinal latina (Cogito ergo sum). Sen embargo, poucas son as que entenden o complexo concepto que encerran estas simples palabras.
A súa expresión latina provén doutra máis longa, que é Dubita ergo cogito, cogito ergo sum, que quere dicirDubido, logo penso; penso, logo existo, pero a dúbida metódica cartesiana xa é outro cantar.
René Descartes, de orixe francés, pertence á corrente dos "racionalistas", que son aqueles filósofos que cren, basicamente, na razón por encima de todo. René foi o autor, entre outras cousas, do Cogito ergo sum.
Penso, logo existo.
Ao reflexionar sobre esta frase, Descartes postula que todo o que pensamos existe. Pero non na súa totalidade, nin podemos afirmar ao cen por cen que a súa existencia sexa factible. El establece que todo o que pensamos existe en tanto que o estamos pensando, e, como consecuencia, non podemos afirmar a súa existencia máis alá dos nosos pensamentos. Cun exemplo vese máis claro: unha silla. Todos sabemos o que é, vémolas a diario e usámolas tamén, ás veces máis do que deberiamos. Sen complicarse, un ve unha silla e sabe que existe. Ten que existir. Esa persoa pode vela, pode palpala, e pode...Pode pensala. Aí está a base de todo isto. A idea de silla está na cabeza da persoa que a pensa, e por que a pensa? Porque a razón así llo permite. Entón a silla existe (no pensamento, en tanto que está sendo pensada). Pero, como podemos afirmar que, en ausencia da razón, a silla segue existindo? Pode existir a silla (ou calquera outro elemento) á marxe do noso pensamento? Esta é a dúbida que Descartes plantexa co Cogito, o interminable debate histórico sobre o criterio de existencia.
Que é exactamente o factor que determina o que existe e o que non? É unha pregunta que se leva facendo durante moito tempo. Destaco que este tema se trata incluso na actualidade, non fai falta irse moi lonxe para atopar exemplos da reflexión sobre o real e o irreal (Na película "Matrix" trátanse dúas realidades: un mundo humano (que se representaba a través da mente humana) e un mundo real que estaba detrás de todo, o das máquinas).
Non hai unha resposta fixa para esta pregunta, nin podemos determinar con seguridade que requisitos debe ter algo para ser ou existir. Un eclesiástico dirá que só existe aquelo que é propio da vontade de Deus, un científico, que existe só o que é demostrable e un simple egocéntrico optará por que só existe el. Son moitos puntos de vista diferentes que, sen embargo, levan a un mesmo camiño: existe unha realidade común a tódolos seres humanos. É a nosa realidade, na que conflúen tódalas nosas vidas. A realidade dos países desenvolvidos, dos non desenvolvidos, dos medios de comunicación, dos postos de traballo, das familias, do saber...É, a fin de contas, o noso mundo, e é real para nós. Pero, cal é a realidade que nos engloba? O real é a realidade humana ou é outra cousa? E se é outra cousa, respecto a que é real? Se algún día chega a resposta a esta pregunta, será cando o coñecemento humano acade un nivel moi superior ao de agora.





Mentres a vida humana sexa incerta, mentras o universo sexa incerto, o coñecemento tamén o será.

No hay comentarios:

Publicar un comentario