jueves, 23 de junio de 2011

Hoxe, pola lingua

Lois Pereiro foi alguén especial, as súas obras teñen algo que ata aos máis novos (incluso co noso pasotismo crecente) encandila. Unha auténtica estrela de rock das Letras, un mito: viviu rápido, morreu novo. Unha persoa que, coñecedora do seu inmintente final, escribiu versos cun estilismo e unha carga sentimental impresionantes.
Incriblemente, atopei un oco para poñer esto ao día, xa ía sendo hora.

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio.



"-Quero café, quero te...quero te.
Ela mirouno aos ollos e dixo: "eu tamén" " (De Made in Galiza)




No hay comentarios:

Publicar un comentario