jueves, 23 de junio de 2011

Indígnate.

Se non o vexo, non o creo. Incriblemente, miles de persoas están agora mesmo na calle, chova ou neve, para reivindicar os seus dereitos, para que este sistema corrupto non prosiga o seu camiño da perdición. O curioso é que non houbo ningunha convocatoria, nin publicidade oficial, nin nada: a xente que viu a escasa promoción por Internet que tivo o xa famoso 15M decidiu que era hora de poñer fin a esta pifia de sistema e saír á rúa a queixarse de verdade, sen deixalo todo só no pensamento.
Gústame moito ver a tanta xente nova involucrada. Somos nós realmente quen temos o futuro do país, e se nós non protestamos, quen o vai facer? A resposta a este evento está sendo abrumadora, cada vez son máis os recunchos do país nos que se fan as coñecidas como "acampadas". Un xesto grandioso. Parece ser que a "revolution" está chegando a Italia...
É, sen dúbida algunha, un acontencemento importantísimo na historia da democracia. Se o tempo mo permitise, estaría aí con toda esa xente para recordarlles aos políticos que somos persoas, non mercadorías. Con estas verbas mando ánimos a tod@s @s que están aí fóra, poderemos, somos moitos e somos fortes!
E o que máis me gracia me fai de todo isto son os argumentos que buscan uns partidos e outros para xustificar a revolución. Non poden facer nada, sen apoios non hai votos. Sen votos non hai poder!





Moitos ánimos, estamos construíndo algo histórico.




"It has been said that democracy is the worst form of government except all the others that have been tried" (W. Churchill)





No hay comentarios:

Publicar un comentario