martes, 8 de septiembre de 2015

Son bos tempos para as biociencias

Ás veces, con tanto pesimismo que se nos transmite por tódolos lados (incluindo medios de comunicación), olvídasenos que no ámbito das ciencias da vida (biotecnoloxía, nanotecnoloxía, biomedicina...) estase a vivir unha época dourada que, de seguro, durará por moitos anos.

Fai pouco sabíase que a biotecnoloxía xa representaba o 9% do PIB no estado español, cifra que non está nada mal para un sector tan recente e moderno que parece que non para de medrar. Pode que un futuro baseado na investigación e na I+D non estea tan lonxe como pensamos. Ata agora, imaxinar un país construido sobre os cementos da investigación (feito que caracteriza ás grandes potencias mundiais) non entra nas nosas cabezas.

Non só estes datos de crecemento nos poden poñer optimistas. As biociencias están a pasar por un momento doce e diversos campos levan experimentando cambios importantísimos que non lles máis que avanzar. Velaí uns exemplos:

Bioinformática

A necesidade de entender a bioloxía e os seus complexos fenómenos dende un punto de vista matemático e computacional faise palpable hoxe en día. Ademáis, a cantidade de datos procedente dos innumerables experimentos científicos está acadando unha cifra que precisa ser tratada e procesada. Falo do famoso "Big Data", a ciencia busca resultados e o seu procesamento e almacenaxe son vitais para poder continuar. É unha forma de organizar toda a información experimental. Aparte, coa construción de bases de datos accesibles á comunidade científica, afórranse moitos experimentos (ergo, cartos e tempo).



Epixenética

Outro dos campos que naceu fai pouco, unha ciencia xove e ambiciosa á que aínda lle queda moito por andar. Básicamente céntrase nos cambios que poden existir no material xenético a través dunha serie de procesos (metilacións, acetilacións...) tanto de forma herdada como doutra: isto último é o fascinante. Demostrouse que mediante os nosos hábitos podemos facer que o patrón de expresión dos nosos xenes varíe, e o dos nosos fillos tamén! Incrible, non? Sigue lendo!


Terapia Xénica



Imaxinas curar unha enfermidade xenética coa soa inxección dun vector que restaure a función do xen que non tes? A iso se adica a terapia xénica, que está a ter grandes éxitos nos ensaios de diversas patoloxías coma o Alzheimer, cáncer, diabetes ou ELA. Toda unha revolución para os trastornos raros e "incurables".


Inmunoloxía

A revolución neste campo vén da man da inmunoterapia e xa enxeñaría xenética. O primeiro, consistente no uso de sérum con anticorpos, serviu para curar a única paciente española de ébola. O segundo permite facer células T (grandes defensoras do noso organismo)  que ataquen a masas
tumorais, constituíndo un tratamento revolucionario contra o cancro. A posibilidade de deseñar anticorpos específicos tamén existe.


Bioenxeñería

O uso de microorganismos para a xeración de diversos elementos é algo  que cada vez chama máis a atención das empresas, aficando esta forma de produción como algo case normal na industria de hoxe en día. A combinación da enxeñería xenética e o procesamento industrial pode dar lugar a proteínas terapéuticas, biocombustibles, e mesmo tinta!


E ata aquí un breve resumo, xa que estou segura de que me deixo centos de cousas.