domingo, 6 de noviembre de 2011

Choiva incesante...

...e, encerrada nesta gaiola de cemento da cidade condal, comezo a pensar de novo. Miles de recordos asoballan a miña mente cando intento pensar, sempre os mesmos, sempre os de sempre. A auga segue caendo e o frío aparece paulatinamente entre os recunchos, entre as paredes do ser, para deixar constancia de que está aquí, de que chegou, de que a tormenta só acaba de comezar.
Divago nunha realidade de luces e sombras, buscando sempre a parte máis esclarecedora, a que me permita sacar unha conclusión de tódalas cousas que vivo e experimento cada día. Pero nesta busca sempre me atopo con algo escuro, algo que impide que continúe, algo que quedou no pasado e no presente para esperar que sexa resolto. Hai algo que non me deixa estar completamente tranquila, e canto máis profundizo nese algo, menos respostas atopo: canto máis sei, menos comprendo. E chove...

lunes, 31 de octubre de 2011

Na variedade está o gusto: reivindicación da pluralidade de linguas dende terras catalanas.

Ai, golosiños, a que vos gustan moito os xelados de sabores? É algo raro que abra esta entrada así, pero...o de chocolate, ai o de chocolate! E logo o de fresa? Ese si que sabe. Tamén me gusta moito o de nata, o de vainilla e, por que non? Os de varios sabores ao mesmo tempo! Ñam, ñam...
Tamén sei que vos gustan as series de televisión, dende os debuxos animados (son fanática dos Simpson) pasando polas series-comedia (como Big Bang Theory) e outras máis de adultos coma True Blood.
Agora...imaxinade un mundo cruel (máis aínda) no que só existise un único sabor de xelado, unha única serie de televisión...que horrible, non? E que aburrido! Que pouco efectivo para a humanidade! Ben, e alguén se parou a pensar que algo análogo pasaría se só houbese unha única lingua? Boh, pois vaia aburrimento, xa non existirían os tan curiosos trazos chineses ou a elegancia do francés, a melodiosidade do italiano...Nada, nada, nada, un mundo así sería demasiado insoportable, na variedade está o gusto! Na dos xelados, na das series e...na das linguas.
Que levante a man quen algunha vez quixo aprender algún outro idioma! Caaaaramba, vexo bastantes! Vaia! E se só houbera unha única lingua? Iso non sería factible, porque só se podería falar, escribir e ler esa lingua. Que mal, non? Seríamos todas as persoas do mundo exactamente iguais, porque a lingua é, a fin de contas, o veículo de expresión de cada un de nós, do que sentimos, do que pensamos e, por consecuencia, da nosa humanidade. Pois ben, ti! Ti, que queres aprender italiano, alemán ou chinés: a que agora defendes a morte que estas linguas sigan existindo? Pois defendamos tamén o que temos nas nosas mans. (...)

domingo, 30 de octubre de 2011

Camina

Y, entonces, aquellos que obraron sin razón, sin criterio, sin norma; se llevarán las manos a la cabeza por el error cometido, mientras los demás intentamos mirar hacia delante echando tierra a aquel antiguo recuerdo, antaño dolor, que ahora se disipa en el tiempo.

miércoles, 26 de octubre de 2011

miércoles, 19 de octubre de 2011

Trátase de...

...non mirar atrás para non atopar imaxes borrosas. Cando tempo e distancia se fusionan, o máis alto muro divide os teus recordos, facéndoos lonxanos; engano difuso da mente que busca unha saída vital desta realidade aínda sen asimilar.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Please, don't stop the LIFE

"En que clase de xogo estamos?", te preguntarás ti, que chegaches ao extremo de non entender nada do que che ocorre. Pois esa é precisamente a palabra a que define este labirinto por veces incomprensible, a que define a vida. E eu penso: non é esta realidade, a que vivimos día a día, semellante a un taboleiro de xogo? Cunhas fichas, que somos nós, unhas casillas, que marcan cada experiencia que vivimos e, sobre todo, uns dados, fidedignos representantes do azar. Os que marcan os nosos pasos, sexan avances ou retrocesos.
A diferencia dun taboleiro dun xogo convencional, este non trae manual de instrucións. Tampouco existen unhas normas que digan como se hai que mover nel. Son as decisións das "fichas" e o movemento dos dados os que deciden cada casilla.
Como bo xogo, sempre hai uns gañadores e uns... perdedores non, que soa moi dramático. "Non-gañadores", mellor. E, con eles, diferentes formas de afrontar a victoria e a derrota, respectivamente. Sobre isto tampouco se escribiu nada, pero sempre se poden dar consellos ao respecto. A experiencia dime (e iso que eu xogo a nivel de principiante) que un gañador nato forxouse a base de moitas derrotas. Un bo gañador é bo porque soubo perder no seu momento. Se ti, que estás lendo isto, te sintes vencido pola circunstancia, pero tes coñecemento das causas polas que así te sintes e sabes o que tes que facer para superar ese bache, adiante. Obrar con razón é o mellor que se pode facer. Saber perder é imprescindible, coñecer a derrota, enfrontarse con ela cara a cara e sucumbir. Só así apreciarás o dulce sabor da victoria, disfrutarala ao 100 %.
Con isto quero dicir que pode que haxa malas casillas neste xogo, pode que pareza que saír delas é misión imposible. Pero tarde ou cedo, ben por actitude da ficha ou por vontade dos dados, chegamos ao que queremos. Ou polo menos a algo no que nos sentimos ben. Se a fin de contas o importante non é o final do xogo (que todos coñecemos), senón o camiño que nos leva ata el.

lunes, 8 de agosto de 2011

Pasión

Dicen que todos nacemos con una vocación especial por algo. La indiferencia puede manifestarse repetidas veces, pero, al final, acaba brotando nuestra vena más apasionada. Aquella que dicta qué es lo que produce locura y fervor en nosotros, lo que nos consigue sacar una sonrisa, o más fácil: lo que amamos.
No quiero que confundáis vocación con amor. O sí, en toda vocación hay amor por algo. Lo que quiero decir es que, en el caso de amar a una persona (que nos puede producir locura y fervor, sacarnos una sonrisa, amarla con todas nuestras fuerzas) no hablamos de vocación, sino de amor puro. Pero eso ya es otro tema.
La vocación está relacionada con la dedicación. Tener vocación por algo es sentir que se ha nacido, indudablemente, para hacer una determinada cosa. Un futbolista de un equipo de categorías inferiores puede saber que no aspirará a mucho más de donde está, que no será una superestrella del fútbol, ni saldrá en la portada del Marca, ni jugará una final de la Champions League. Pero el simple hecho de practicar el deporte que más le gusta, aquel para el que ha nacido, le produce la máxima satisfacción que puede alcanzar el ser humano: la de sentirse realizado.
Hacer o dedicarse a algo que no se corresponde con vuestra auténtica y verdadera vocación puede resultar frustrante. He de decir que en este apartado de mi exposición tendría bastante de lo que hablar, pues la experiencia propia es un vivo ejemplo de esto. Pero no me voy a poner aquí a contar mi vida...
Mi consejo es que, si queréis algo con todas vuestras fuerzas, luchéis como nunca por conseguirlo. Si es lo que realmente amáis, adelante. No hay vocación sin amor. Intentad que vuestra vida consista en hacer lo que amáis. Y si en todo caso no lo conseguís, tratad de amar lo que hacéis.